PROCESO DE ACREDITACIÓN DAS CDD (xullo 2025)

Quen se pode participar neste proceso? A día de hoxe, todas aquelas persoas que o solicitaron e foron admitidas.
-Ligazón á listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar na convocatoria de acreditación da CDD

Cal é o prazo de participación? Do 2 ao 20 de xullo de 2025, ambos incluídos, está aberto o prazo para que as persoas admitidas presenten a documentación necesaria para a acreditación.

Que niveis das CDD se poden acreditar mediante este procedemento? O A1, o A2, o C1 ou o C2.

Como se poden acreditar?

O A1 e o A2: mediante recoñecemento de títulos oficiais habilitantes.
O C1 e o C2: mediante análise e validación de evidencias.

Débense ler polo miúdo as instrucións que a Comisión Técnica da Acreditación CDD enviou ao correo electrónico das persoas admitidas.

Onde se acreditan? No espazo que a consellaría habilitou en platega .

Como pode acreditar a Competencia Dixital Docente (CDD) o profesorado non universitario da Galiza?

O profesorado regulado pola LOE nos centros da Xunta de Galicia pode acreditar a súa CDD a través das seguintes vías, recollidas na Orde do 1 de xuño de 2023:

  • Certificación da formación: a partir do curso académico 2023-2024 a Administración recoñece automaticamente os cursos certificados e rexistrados en FProfe ou realizados por entidades colaboradoras recoñecidas na Orde de formación do profesorado.
  • Superación dunha proba específica: opción non dispoñible.
  • Títulos oficiais habilitantes: recoñécense os títulos oficiais que habilitan para a profesión docente (grao en Mestre en Educación Infantil, grao en Mestre en Educación Primaria, máster universitario en Formación do Profesorado de Secundaria, cursos de especialización didáctica para profesorado técnico de FP, etc.), así como as mencións en tecnoloxías educativas nos graos e nos másteres oficiais relacionados coa CDD para o uso das tecnoloxías na aula, sempre que cubran todas as áreas dun nivel A1 ou A2 do MRCDD vixente e, polo menos, o 80 % dos indicadores dese nivel.
  • Avaliación por observación do desempeño: a Consellería pode recoñecer determinadas áreas ou niveis de oficio, baseándose en roles e responsabilidades desempeñadas no centro (niveis B e C).
  • Análise e validación de evidencias compatibles cos indicadores dos niveis C1 e/ou C2 do MRCDD vixente: para os niveis superiores (C1 e C2), pódese presentar evidencias como participación en proxectos, publicacións, innovacións, etc., cubrindo polo menos o 80 % dos indicadores correspondentes.

Competencias Dixitais Docentes (CDD)

A competencia dixital docente engloba o conxunto de habilidades, coñecementos e actitudes que necesita o profesorado para integrar de xeito eficaz as tecnoloxías dixitais na súa práctica educativa. Vai moito máis alá de simplemente manexar ferramentas: implica saber buscar, crear e compartir información, aplicar estratexias pedagóxicas innovadoras e garantir a seguridade e a privacidade tanto do profesorado como do alumnado.

Europa, a través do marco DigCompEdu, publicou en outono de 2017 un modelo de referencia para a competencia dixital docente que agrupa 22 capacidades en seis áreas fundamentais: compromiso profesional, recursos dixitais, ensino e aprendizaxe, avaliación, empoderamento do alumnado e facilitar a súa propia competencia dixital. O Estado Español, adaptou este marco mediante o Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente (MRCDD), que foi aprobado pola Conferencia Sectorial de Educación o 30 de marzo de 2022 e publicado no BOE o 4 de maio de 2022 por resolución da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial.

Algunhas das referencias legais clave da competencia dixital docente aquí

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario